Rubiasa

A Rubiasa é a outra dorna de tope dos Amigos da Dorna Meca, de características moi similares á Laxe de Boibas. Aparella, tamén, vela de relinga.

Esta dorna, anteriormente chamada Rubia, foi reconstruída por Pablo Gondar (como na Laxe de Boibas, coa axuda de José Manuel Triñanes e Constante Cachupeiro) a partir dun casco antigo dunha dorna tradicional de construción a tope.

A Rubia (á esquerda) e a Laxe de Boibas (dereita), en Porto Meloxo.

Desde o ano 2016 foi cedida polo seu armador á Asociación Amigos da Dorna Meca, pasando a ser rebautizada co nome actual de Rubiasa.

A Rubiasa pronta para ir ao mar, en 2017.