XXI Regata dos Faros

Atento todo o mundo! Este sábado 21 de xulho, con saída puntual ás 16:00h (non botar as dornas ás catro… 😉 ), celebramos a XXI edición da Regata dos Faros! Dorneir@s, vémonos por Peralto. Non faltedes!

A Regata do Marisco, para a Nécora!

Nada menos que 24 dornas de toda a ría nos xuntamos no dique de abrigo este sábado para participar na Regata do Marisco 2017! Marabilhosa tarde de navegación! Con coidadinho entre o aparelho, as patroas e os patróns… Read More

Regatas do Marisco 2017

Dorneir@s, outro ano máis chegan as regatas do marisco! Sábado día 7, Porto d’Ogrove, 16:00h (4 da tarde para quen non entenda): Regata do Marisco de dornas á vela! E o sábado 14 de outubro, ás 12:00h, Desafío… Read More

A dorna Fuxe, ganhadora da X Regata Porto Meloxo!

Nunha tardinha agradábel, con ventinho do noroeste durante toda a tarde, xuntámonos 17 dornas na area de Porto Meloxo. O percorrido, máis ou menos o de sempre: saír do porto, deixar o Faro das Pedras por couso, vir… Read More

X Regata de dornas á vela Porto Meloxo

Sabiades que desde hai 10 anos se organiza a Regata de Porto Meloxo? Pois este sábado día 16 de setembro de 2017, con saída puntual (se non a marea…) ás 16h… X Regata de dornas á vela Porto… Read More