Como foi a Regata de Porto Meloxo?

O día cadrou ben, non era unha daquelas tardes de sol que algúns esperaban, pero foi estupendo para navegar. Hai que recoñecer que tampouco houbo moitas dornas, tivemos algunhas baixas de última hora, ademais da representación dos Amigos da Dorna Meca na regata de Sanxenxo. Aínda así, xuntouse un bo ambiente de regata.

Minutos antes da saída, indicouse o percorrido na reunión de patróns e patroas.

Escoitando as instrucións do Sr. Presidente.

A regata foi bastante puntual, e poucos minutos despois das 16:00, un bo número de asistentes puderon ver como @s dorneir@s botaron a correr pola area do Porto para iniciar a regata.

Non corrades tanto que as dornas non escapan!

Como é habitual, na saída houbo un pouco de todo: quen pensa que con saír primeiro xa se ghana a reghata, quen anda a berros pola praia, ou con quen toma as cousas con máis tranquilidade 😉

Coidado non me embistas!

Antes de saír do porto aínda houbo que evitar unha chea de boias, barcos amarrados e pantaláns!

O vento era constante do noroeste, polo que foi necesario facer varios bordos para virar o Faro das Pedras.

A Rona e a Fuxe virando o Faro das Pedras.

O resto do percorrido, ao que houbo que dar dúas voltas, fíxose até ás bateas da Barcela, volvendo pola costa de Reboredo para achegarse de novo a Moreiras.

A Moura preparándose para a empopada, coas dornas da cabeza ao fondo.

Antes da metade da regata, xa se ían formando grupos cada vez melhor diferenciados: a Rona, a Fuxe e a Jalerna destacaban en cabeza, seguidas a varios minutos polo pelotón, e a outro tanto tempo de distancia, os rápidos (@s que sempre din que lhe falhou algho ;))

lourdes

Aí parteu algho! Mención especial á Lourdes por ir cun único tripulante!

Este ano, a meta foi ben dentro do Porto, polo que as dornas tiveron que volver case até á linha de saída para acabaren. Alí, o grupo da cabeza repartiu o podio, quedando así a clasificación:

  1. Jalerna
  2. Fuxe
  3. A Rona
  4. Nova Froiña
  5. Roxiña
  6. Rosalía
  7. Maristela
  8. Joveleteira
  9. Lara Doce
  10. Moura
  11. Javiota
  12. Funqueira
  13. Cormorán de Ons
  14. Enayr
  15. Lourdes

Para non variar, despois da regata, os colaboradores Bar o Porto e Taberna Meloxeira axudáronnos a reponher forzas mentres se entregaban como premios unhas fermosas acuarelas de Carlos Besada.

O Sr. Presidente acompanhado das tripulacións ghanadoras!

Podedes ver máis imaxes da regata nesta bonita galería de fotos, ou na crónica da regata de Todogrove. Un ano máis, obrigados aos asistentes, aos colaboradores e a todos os barcos de apoio. Vémonos no mar!

Un comentario en “Como foi a Regata de Porto Meloxo?