Publicado o Xuño 2, 2017
Cos barcos no mar… a navegar!
Xa sabedes que temos todos os barcos no mar, non? Pero antes houbo que trabalhar!

Dando-nhe á Meca!
Xa hai unhas semaninhas, deixamos lista A Meca. Pintura e patente novas, e un bo trabalho na cuberta:

Que bonitinha!
E coa axuda duns poucos, botámola ao mar:

Alghún sempre quer aparecer nas fotos…
E unha vez botada… a subir o pau! Aquí non usamos cameón, vai a pan de milho!

Con ánsia!
E así A Meca ficaba lista para máis unha tempada de navegación…
Ora, o que non vos contaramos é que á Laxe fendéralle a tapa da regala! O Sr. Presidente botou varios días sen dormir cando se enterou…

Mirade paí que desfeiteira!
Aínda ben que temos bos profisionais connosco. Coa axuda de Milo, a Laxe foi colhendo forma de novo.

Un pouquinho por alí, outro pouco por alá…
E arranxada! Se vos disimos que a foto é de antes do asidente, non vos dades conta…

Como nova!
Outra dorna máis lista! E para demostralo, que melhor que ir navegar! Levamos a Laxe á I Xuntanxa de Embarcacións Tradicionais de Portonovo.

O Sr. Presidente todo gharbento a bordo da Laxe en Portonovo.
E despois de máis trabalhos… o Rakú tamén ao mar!

Hade colher aghua bastante, non?
Que va! Nin pinca! E mentres está amarrado, promovendo un museo flotante das embarcacións tradicionais:
E a Irmandiña? Pensades que nos esquecemos dela? Pois tamén foi renovada e botada!

Esta non a move calquera!

Un pouquinho máis…

Pronta! A navegar!
Ai, que trabalhinho nos deron algúns barcos. Aínda que este ano foi máis unha posta a punto. E para que? Para navegar! Xa cos barcos baixados, comezamos a facer algunhas travesías. Nov@s soci@s, primeiras saídas de iniciación…

A Meca estreouse indo até Rúa!

A Meca desde Rúa.
E, como o ano pasado acabou tan ben, este queriamos comezalo melhor! Fixemos unha pachanga de inicio de tempada: probamos os barcos, levamos a nov@s soci@s, practicamos as maniobras…

Aí os vamos! Aonde nos leve o vento!

Un raminho en Cambados.

E outra voltinha por aquí…
Pero vós sabedes que @s Amigos da Dorna Meca temos moitas máis dornas, non? Ademais de axudar coas nosas embarcacións, os socios tamén van pondo a punto as súas.

Algunhas das dornas polbeiras dos Amigos da Dorna Meca.
Disque xa se viron pola ría unha chea de dornas polbeiras! Se cadra están a preparárense para a IX Regata do Sepelo! Este sábado 3 de xuño, ás 16:30 en Portonovo! Bo vento!