En Campanha

A unha semaninha das eleccións, a candidatura dos Amigos da Dorna Meca continúa a traballar arreo para preparar a nova lexislatura dorneira.

Deu tempo a acabar o novo carro de varada para as dornas xeiteiras:

O Sr. Presidente cheo de gharbo mentres o Sr. Manolo analisa o choio.

Como sobrara un pouco tinto dalgún acto electoral, tamén se aproveitou para deixar a tono a dorna maior, A Meca:

A Meca coa obra morta recén pintadinha. Como di o outro: “Patente e po mar”.

E como este ano vai haber moito que celebrar, tamén deixamos listo o noso cuartel xeral!

Hai que darlle por todos os currunchos!

A caseta xa estaba acabada, así que houbo que cambiar de posta…

Polo chan tamén!

E despois de moito sufrir…

caseta_fim

Que marabilla! Só falta a licenza para abrir o chiringuito!

Con todo este traballo non pensaredes en votar a outros… Todo listo para a nova tempada!