Publicado o Novembro 9, 2016
Moito navegou A Meca este ano!
Este ano á Meca démosnhe a maso! Fomos a encontros, participamos en regatas, fixemos saídas con nov@s soci@s e con xente con interese na navegación tradicional, demos paseos pola ría…
Aínda en maio, levamos A Meca a Marín (previo paso por Portonovo) para navegar (e ganhar!) na regata Rodríguez Toubes.
E ao acabar? Quen leva a dorna de volta a Ogrove?
Durante o verán, fixemos saídas de iniciación á navegación, visitas ás Ilhas Atlánticas, paseos durante regatas de dornas polbeiras…
E tamén levamos A Meca á festa Muros mira ao mar…
E chegamos ben!
Sen vento, con néboa e choiva, trouxemos A Meca tamén de Muros…
Fixemos tamén algunha que outra viaxe a Palmeira, para presumir de dorna pola banda do norte…
E a mediados de agosto, outra vez fóra da ría: primeiro… a esperar á Irmandiña que chegaba da Corunha!
Despois, caminho a Pedras Negras para a Regata das Ilhas Atlánticas.
Vamos equipa!
E como aos poucos días comezaba a XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais… dorna para Combarro!
En Combarro, con ventinho fresco, pudemos desfrutar da navegación entre Tambo e Marín…
Acabando a concentración, a idea era levar A Meca a Ogrove, mais a media manhá do domingo entrou un forte temporal que nos obrigou a deixar o barco en Portonovo!
Outra vez… quen trae a dorna para a casa? Aos poucos días, cando o tempo o permitiu, tripulación, e a navegar!
Picamilho, Ons, Pombeiro… cantas veces vos vimos desde A Meca este ano?
E como as drizas estaban un pouco enleadas…
E en setembro… outra vez a Sanxenxo! Idas, voltas, regatas…
Xa na casa, navegacións a Cambados, máis saída pola Arousa…
Tanto navegou A Meca que pasou por todas: dous ris e facendo banda, encalmadas, a motor, a remo…
A dorninha (dornaça!) pode con todo! Que non pode máis somos nós! Así que… chegado novembro, toca varar a dorna:
Choio case listo! Falta sacar o pau! E quen pode con el?
Aghora si que si! Xa en terra, toca limpala, saneala, e deixala ben gardadinha para que continúe a darnos tantas boas navegacións, e a divulgar o noso patrimonio!
Longa vida á dorna Meca!
[hai fotos roubadas de redes socias varias… obrigados aos autores!]
Wow!