Novo apartado: Hemeroteca!

2013-06-13-A-DORNA RONA DORNA MECA GAÑA REGATA DOS FAROS (2)

Noticia sobre a Regata dos Faros de 2013, Diario de Arousa.

Coa colaboración de Xan Caneda, ampliamos a sección Tradición cunha nova páxina: Hemeroteca.

Aquí podedes acceder a noticias relacionadas coa asociación, tanto de actividades organizadas polos Amigos da Dorna Meca como de outros eventos que contaron coa presenza de barcos do noso colectivo.

A Hemeroteca contén documentos e galerías de imaxes, que organizan as noticias cronoloxicamente polo ano de publicación. Tamén aproveitamos para adicionar novos documentos.

Esperamos que vos guste. Obrigado Xan!