Publicado o Abril 29, 2015
Trabalhos varios
Despois de estrear a nova vela da Laxe e dalgunhas saídas de reconhecemento, tocou de novo pórse mans á obra para avanzar cos traballos pendentes, que o bo tempo vén aí, e queremos ter os barcos no mar!
Entre outras cousas, coa axuda do carpinteiro Pablo, fixéronse uns remos novos para a Rabandeira, encordados maxistralmente por Senho José.
Publicado o Abril 15, 2015
A familia crece!
Había en Meloxo unha dorna que andaba un pouco falta de cariño. Quería volver ser aquela dorna ghanadora da que todo o mundo falaba, ou polo menos catar o salitre e o fel de vez en cando.
Uns meses atrás encontrou un novo armador disposto a adoptala e a tratala como merecía. Levouna para a casa, e a dorninha volveu pasar un inverno en familia.
A pobre dorna morría de sede, así que o novo armador fartouna de liñasa e alquitrén. Xa ía recuperando a cara bonita, e ao darlle unha pinturiña nova xa non se acordaba dos invernos ao frío!
E por fin chegou o gran momento! O día en que volvía tocar o mar! Entrou un nortinho pola ría e… bautisada! Ler mais
Publicado o Abril 6, 2015
Novo apartado: Hemeroteca!
Coa colaboración de Xan Caneda, ampliamos a sección Tradición cunha nova páxina: Hemeroteca.
Aquí podedes acceder a noticias relacionadas coa asociación, tanto de actividades organizadas polos Amigos da Dorna Meca como de outros eventos que contaron coa presenza de barcos do noso colectivo.
A Hemeroteca contén documentos e galerías de imaxes, que organizan as noticias cronoloxicamente polo ano de publicación. Tamén aproveitamos para adicionar novos documentos.
Esperamos que vos guste. Obrigado Xan!
Publicado o Abril 3, 2015
Botamos a Laxe de Boibas
Os “santos” aos camiños… e os barcos aos mar! Este mércores despois de xantar a Laxe de Boibas foi botada abaixo de cara a nova temporada, despois de un repaso e unha posta a punto, metéuselle o torno e alá foi pola rampa abaixo, como esta semana estamos tendo un tempo que semella de verán, era unha pena non aprobeitar que os días medran, e que xa hai ganas, para ir facer uns bordos en familia e probar a nova vela, que plancha de marabilla.
un empuxón…
e a navegar….
Publicado o Abril 3, 2015
A pensar no XII Encontro
Hai poucos días abriuse o prazo para inscribir os barcos, as tripulacións e os voluntarios para o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que como sabedes, este ano se celebra en Cabo da Cruz organizado (entre outros) pola asociación A Gamela de Cabo da Cruz. Ler mais