Publicado o Marzo 28, 2015
Asemblea Xeral 2015
O pasado 7 de Marzo tiveron lugar no Pavillón de Deportes Náuticos do Grove dúas asambleas (asemblea xeral ordinaria e asemblea xeral extraordinaria) da Asociación de Amigos da Dorna Meca. Ler mais
Publicado o Marzo 27, 2015
A traballar na Rubia
Aproveitando unhas tardes desocupadas, o comandante Ibor púxose a traballar na “súa” dorna de tope, deixándoa case niquelada agora que parece que vén o bo tempo. Esta embarcación é a Rubia, bautizada non hai moito tempo como Marijuana, ou Rubia-Marijuana, que é unha dorna de tope moi similar á Laxe de Boibas.
Como os últimos traballos foran todos no casco da dorna, primeiro tocou rascar e lixar un pouco por dentro. A pobre Rubia non se lembraba da última vez que lle fixeran corochas por alí! Ler mais
Publicado o Marzo 13, 2015
Estreamos web!
Desde a Asociación de Amigos da Dorna Meca dámoslle a benvida á tempada 2015 estreando nova páxina web. Con esta páxina queremos divulgar a nosa cultura marítima e a historia da propia asociación, ademais de difundir as actividades que organizamos e nas que participamos. Ler mais