Aparelhando en terra: a nova vela da Rubiasa no Aldara

Presentación da nova vela da Rubiasa, colaboración da Tapería Aldara. Foto: Lino Prieto

Todos os anos se ponhen en contacto con nós persoas interesadas en iniciarse na navegación tradicional: as máis valentes queren ir ao mar o primeiro día, mais hai quen prefire aprender as nocións básicas antes de ir ao mar.

Onte sábado tivemos unha desas actividades de iniciación á vela tradicional. En terra! Ler mais

Apadrinhando os barcos

Hai quen morria por trabalhar (e trabalhou!) desde o día de ano novo. Outr@s esperaron a que acabasen as (poucas) choivas, e a que pasase a asemblea para ir apadrinhando os barcos.

As últimas incorporacións (cada día somos máis!) querían saber como é o conto este do alquitrén, do aceite de linhasa, etc. Aínda que xa o contamos aquí outras veces, vámolo resumir brevemente: Ler mais

Asemblea feita, o choio continúa

Como fora previsto, o pasado sábado 18 de marzo celebramos a asemblea ordinaria da asociación.

A xente concentrada antes de pasar á acción!

Ler mais

Moito navegou A Meca este ano!

Este ano á Meca démosnhe a maso! Fomos a encontros, participamos en regatas, fixemos saídas con nov@s soci@s e con xente con interese na navegación tradicional, demos paseos pola ría…

Aínda en maio, levamos A Meca a Marín (previo paso por Portonovo) para navegar (e ganhar!) na regata Rodríguez Toubes.

A Meca en Marín (Foto: desmarque.es)

Ler mais

O melhor vai acabando…

Quen non nos siga pola nosa páxina de Facebook ha de pensar que levamos semanas parados, sen facer nada, coas dornas abandonadas… E non, hó!?

O 1 de outubro (despois de adiarse a primeira data) estivemos na IX Regata de Dornas á Vela Porto Meloxo.

Dornas saindo do esteiro…

Ler mais