Publicado o Agosto 31, 2017
Saídas de iniciación á navegación tradicional
No inicio do verán avisamos polas redes sociais que, un ano máis, iriamos facer saídas de iniciación á navegación tradicional.
O obxectivo destas saídas é, por un lado, dar a conhecer o patrimonio marítimo galego e difundir a navegación tradicional, ensinando non só a navegar á vela, mais tamén recuperando o léxico marinheiro propio desta actividade. Por outro lado, aproveitamos as saídas para enriquecer tanto a base social do noso colectivo como o tecido cultural desta vila. Cantas máis persoas interesadas e involucradas na recuperación da navegación tradicional, máis fácil será coidar dos nosos barcos, ver máis velas de relinga pola ría, e recuperar embarcacións con pouco ou ningún uso. E, por suposto, pasalo ben!
Veleando en dorna Meca Pola ría de Arousa.
Publicado por Xan Caneda Gonzalez em Quarta-feira, 26 de Julho de 2017
Dentro desta actividade estamos a realizar saídas todas as tardes dos luns e dos mércores. Nos primeiros días toca estudar un pouco o material teórico e os diversos documentos dos Amigos da Dorna Meca 🙂
Se somos moitos, saímos n’A Meca ou en varios barcos. Se somos menos, aparelhamos unha ou dúas dornas de tope ou polbeiras.
Nas primeiras saídas, o obxectivo é que @s podréns atendan. Pouco a pouco comezan a colaborar coas manobras.
Á medida que se desenvolven enriba do barco, van levando a cana ou a escota, sempre coa supervisión dun adulto 😉
E o resto que atenda ás sircustansias…
E despois de varias saídas, quen atenden son os profesores.
Uns días saímos con norte…
E voltamos con sur…
Outros saímos con travesía…
E voltamos con calma podre…
O conto é aprender todas as tarefas, principalmente boghar!
E así foi pasando o mes de agosto: novas incorporacións, nov@s dorneir@s, e novas patroas que esperamos ver nas próximas regatas e actividades!