Trabalhos varios

Despois de estrear a nova vela da Laxe e dalgunhas saídas de reconhecemento, tocou de novo pórse mans á obra para avanzar cos traballos pendentes, que o bo tempo vén aí, e queremos ter os barcos no mar!

Entre outras cousas, coa axuda do carpinteiro Pablo, fixéronse uns remos novos para a Rabandeira, encordados maxistralmente por Senho José.

Os novos remos da Rabandeira. Quen queira voghar que avise!

Tamén deu tempo a acabar os remos da Laxe de Boibas, e a facer unha vergha, panas e escoras novas para a Meca.

A nova vergha da Meca e os remos da Laxe de Boibas, todo do trinque.

Ademais, os enxenheiros decidiron cambiar este ano o lastre da Meca e da Irmandiña, ampliándolles un pouco a quilla para facer os barcos máis seguros. Xa sabedes, ultimamente despuntaban moito en todas as regatas e encontros, e tampouco apetece estar sempre a subir ao podio…

Anxo conseguiu un ferro ben xeitoso. Había que enchelo…

Milo, Gerardo e o Senhor Presidente encheron a peza de lastre, e Mon axudounos a soldala á quilla da dorna Meca.

Agharra aí non vaia ser o conto… 🙂

Unha vez instalada, só faltou imprimar, pintar, e colocarlle o zinc. Non dighades que non quedou ben!

O novo lastre xa acabado. Choio fino!

Ademais, aproveitando algunha escampada, houbo tempo para botar a Rubia ao mar, que xa está lista para navegar.

Ibor e Nini na Rubia antes de remolcar o Komaira até a Arousa… Chegarían? 😉

E así se pasaron algunhas tardes polo local. Con un pouco de axuda e ganas o choio foi polo aire!