Tradición

Os Amigos da Dorna Meca tamén levan a cabo un traballo de documentación da tradición mariñeira galega en xeral, e meca en particular.

Dentro deste traballo de documentación, aquí poderedes encontrar información tanto da tradición mariñeira histórica, como dos usos actuais que se lle dá a esa tradición.

A sección Documentos contén textos relacionados coa propia asociación e co patrimonio marítimo do Grove, ademais de ligazóns a páxinas sobre a cultura mariñeira galega.

Na Hemeroteca podedes encontrar noticias relacionadas coa asociación aparecidas na prensa, tanto de actividades organizadas polos Amigos da Dorna Meca como de eventos nos que participamos.

Este traballo de recuperación é constante, polo que tentaremos ampliar frecuentemente esta sección sobre a tradición mariñeira do Grove.