Ven navegar!

Os Amigos da Dorna Meca queremos que máis e máis xente coñeza e desfrute da navegación tradicional. Por iso, animamos a todas as persoas interesadas a que se poñan en contacto con nós, e que veñan coñecer este xeito de navegar que forma parte do noso patrimonio.

Anímate e ven navegar con nós!*

A Meca en Combarro, coa Illa de Tambo á proa.

A Meca en Combarro, coa Illa de Tambo á proa.

(*Se non es socio, o ideal é que desde a asociación che tramitemos o seguro anual da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para navegar con máis seguridade. Ponte en contacto con nós!)