Xarandeira, Fuxe, e Bazarra, podio da XXI Regata dos Faros

Así como quen non quería a cousa, case 30 dornas participaron na XXI Regata dos Faros, que celebramos o sábado pasado no Porto d’Ogrove. E iso tendo en conta que varios patróns estaban ausentes, e outros a festexar o XXV aniversario dos I Encontros de Ribeira!

A Laxe de Boibas tamén participou!

A regata tivo o recorrido habitual: saída do porto dirección á baliza do Orido; dalí, volta por dentro do Faro das Lobeiras e por fóra do Pragheiro. Para acabar, antes de deixar o Sinás por estribor, houbo que vir por fóra dunha das boias das bateas de Meloxo. Como a distancia non era pouca, cunha volta cheghou ben 🙂

Tivemos vento constante de noroeste, duns 10 nós que nos deron unha moi boa tarde de navegación. Con esta perspectiva, a saída para o Orido foi nun larghinho. Aquí varias dornas xa se foron colocando en cabeza.

Despois da primeira virada, houbo quen preferiu ir para norte, e quen decidiu pór proa a Peralto, para ver o melhor o panorama 😉 De calquer maneira, ao subir para o Pragheiro o vento aumentou un pouco, e xunto co mar que había, deixou varias viradas bonitas…

Do Pragheiro a Virxe das Marés, co Areoso pola popa.

Xa rumo ao Sinás.

Nesta altura, o podio xa estaba case feito, a Xarandeira ía en primeiro lugar seguida da Fuxe, e da Bazarra.

O podio xa fechado cheghando ao Sinás…

Aínda que tampouco faltou tanto!

O primeiro posto, por pouquinho!

No resto do ghrupo, a pericia das tripulacións facía variar algún que outro posto.

O grupo central cheghando á meta.

E no fin, a cousa acabou así:

  1. Xarandeira
  2. Fuxe
  3. Bazarra
  4. Forza R
  5. Maristela
  6. Fungona
  7. Noelia
  8. Madorniña
  9. Marijuana
  10. Montañesa
  11. Zenaida
  12. Mimela
  13. Lara Doce
  14. Toxiña
  15. Bandalla
  16. Rosalia
  17. Triñana
  18. Cormorán de Ons
  19. Selosa
  20. Nerea
  21. Roxiña
  22. Funqueira
  23. Maraxe
  • Muller de Balboas
  • Pedro Madruga
  • Laxe de Boibas
  • Ortelinda
  • Beliña

E que melhor cheghada que unha ghaiteirada! E despois cuchipanda, claro 😉

Músic@s e seareir@s a animaren as tripulasións!

Mención especial ás dornas de tope (Muller de Balboas e Laxe de Boibas) que tamén andaban no medio! E aos companheiros da Madorniña, que vinheron desde Bouzas para reghatear con nós!

En fin, aínda quedan bastantes reghatas este ano, mais falando de Faros… para o ano máis e melhor!

Podedes ver máis fotos neste álbum do Facebook.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*