A pensar no XII Encontro

Hai poucos días abriuse o prazo para inscribir os barcos, as tripulacións e os voluntarios para o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que como sabedes, este ano se celebra en Cabo da Cruz organizado (entre outros) pola asociación A Gamela de Cabo da Cruz.

Os Amigos da Dorna Meca temos intención de asistir aos encontros con todas as nosas embarcacións (e máis, se fan falta!), polo que necesitamos organizarnos para ir facendo tripulacións, preparando as empanadas, etc. 😉

Se tendes pensado (ou queredes) asistir aos encontros como tripulantes, ide avisando canto antes para planificar mellor as travesías e saídas nos barcos.

A Meca nos encontros de Carril, en 2011 (foto do artigo sobre o X Encontro do noso anterior blogue).

O encontro terá lugar do 9 ao 12 de Xullo deste mesmo ano, pero hai que inscribirse con tempo. Despois non veñades dicindo que non vos avisamos!  😀