Desafío a Remos
Cada ano, desde 2012, celébrase no último fin de semana da Festa do Marisco unha regata de dornas a remo por relevos entre o Porto do Grove e a ponte da Toxa.
Na proba compiten tres equipos (anfitrión e convidados) con tres dornas cada un, e cada barco fai o percorrido entre o porto do Grove e a Illa da Toxa (ou viceversa), a relevos.
O equipo gañador da proba levará a Dorna de Bronce, que terá que custodiar até a regata do ano seguinte. Nos últimos tempos, como non tiñamos moito espazo no local da asociación, deixamos que o equipo da ENT Dorna nos gardase o trofeo…