A familia crece!

Había en Meloxo unha dorna que andaba un pouco falta de cariño. Quería volver ser aquela dorna ghanadora da que todo o mundo falaba, ou polo menos catar o salitre e o fel de vez en cando.

Uns meses atrás encontrou un novo armador disposto a adoptala e a tratala como merecía. Levouna para a casa, e a dorninha volveu pasar un inverno en familia.

Houbo que quitarlle unhas capas de pintura…

A pobre dorna morría de sede, así que o novo armador fartouna de liñasa e alquitrén. Xa ía recuperando a cara bonita, e ao darlle unha pinturiña nova xa non se acordaba dos invernos ao frío!

folio

Foliando a dorna xa pintadinha!

E por fin chegou o gran momento! O día en que volvía tocar o mar! Entrou un nortinho pola ría e… bautisada!

A voghar!

E como en todos os bautizos, o cura púxolle nome á mininha…

Cormorán de Ons

A Cormorán de Ons! E con tipografía meca!

Só faltaba velear, así que aproveitando o bo fin de semana, material a bordo, vela izada, e a desfrutar! (as fotos da saída no próximo capítulo 😀 )

Benvida a Cormorán de Ons á familia dos Amigos da Dorna Meca!

Un comentario en “A familia crece!

  1. Que color mais bonito! parese un cogollo jejeje