Desafío Irmandiña I: 340 milhas náuticas á vela en dorna

Como xa avisaramos, a Irmandiña partiu o pasado 9 de agosto do porto de La Baule para percorrer as 340 milhas que o separan da vila galega de Sada.

A Irmandiña nunha regata anterior das Illas Atlánticas (foto: desmarque)

Mais antes de partir, a tripulación tivo que colher forzas e debater diferentes estratexias de navegación…

Eu á noite durmo… A min non me amoledes!

A saída foi boa, con vento suave que foi subindo á medida que avanzaba o día.

Come, come, mentres podes…

A forza do vento continuou a subir, e na primeira noite de navegación a velocidade chegaba aos 20 nós.

Aquí o catre onde “descansou” a tripulación…

A travesía fíxose dura, mais tamén gratificante. A tripulación turnábase para descansar en intervalos dunhas 3 horas: mentres dous levaban o barco, os outros dous tentaban repór forzas.

O patrón, Pepe, concentrado.

Pasada a segunda noite de navegación, a dorna xa se ía aproximando de terra.

Case na casa! Xa cheira a balumada!

Así que despois de 55 horas de navegación continua, a Irmandiña chegou a Sada, realizando a maior travesía en dorna conhecida!

Amarrando no porto de Sada (foto: Patexeiros)

A tripulación encontrouse alí cos restantes participantes e con moitas outras persoas interesadas.

Acaba dunha vez que nos están a esperar! (foto: Patexeiros)

Roupa a secar…

E así lucían despois da grande travesía!

Sorride pa foto!

Así que, antes de contarvos como acabou o conto… (xa sei que algho sabedes, que a dorna xa está en San Vicente), dicimos desde aquí:

Parabéns irmandinhos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*