Publicado o Agosto 24, 2015
Regata Illas Atlánticas 2015: enchemos o podio!
Este fin de semana celebrouse en San Vicente a Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, na que os Amigos da Dorna Meca participamos con tres dornas: as dúas mecas A Meca e a Irmandiña, e a xeiteira Rabandeira.
O mal tempo (con forte vento do sur) provocou que a segunda etapa (prevista para o domingo) non se disputase, polo que a clasificación final coincidiu cos resultados da etapa do sábado.
Os barcos da asociación participaron na clase Cíes, e como avisamos no título, os resultados non puderon ser mellores!

Imaxe da saída: a Meca xa despuntaba… (Foto: desmarque.es)
A saída foi do porto de Pedras Negras, con vento suave do suroeste. O percorrido, dunhas 14 millas, consistiu en dúas voltas ao triángulo formado polos faros de Picamillo e do Camouco, xunto coa baliza de saída.
O vento foi aumentando e rolando a oeste, con rachas que superaron os 25 nós, o que provocou que algúns dos barcos participantes tivesen que abandonar a regata. Como intuídes, este non foi o caso das dornas da asociación!
Así que, compentindo entre elas, o primeiro posto da clase Cíes foi a Meca, seguida moi cerca pola Irmandiña (realmente chegou primeiro a Irmandiña, pero o resultado ten en conta o tempo compensado 😉 ).
E un pouquinho mais atrás, entrou a nosa terceira dorna: bronce para a Rabandeira!
Ainda sen saber que os resultados ían ser os definitivos, a equipa dos Amigos da Dorna Meca xa comezaba a festexar…

Con estas tripulacións pouco máis se pode pedir!
E o domingo, despois de saber que o pódio era noso, volveuse celebrar!

O podio da clase Cíes todo noso!
Ai mimá, que non nos collen máis trofeos no local!
Podedes ver máis información da regata e fotos en todogrove, desmarque e en grupoescomunicacion.