Continuamos a velear

O verán avanza, e os Amigos da Dorna Meca seguimos a promover a navegación tradicional na costa galega. Así, este fin-de-semana vámonos dispersar para participar en dúas regatas tanto coas dornas xeiteiras (A Meca e a Irmandiña) como coas dornas polbeiras.

O sábado vari@s soci@s iremos velear na XXIX Regata do Bau, organizada pola ENT Dorna, e que se adiou hai poucas semanas por causa do mal tempo.

Nova data da XXIX Regata do Bau.

E formando dúas equipas de nivelaso, durante o fin-de-semana a Irmandiña e A Meca participarán na X Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, organizada polo C.N. de San Vicente.

Cartaz da X Regata das Ilhas Atlánticas.

Para iso, as dornas xeiteiras xa levan varios días no porto de Pedras Negras. A Irmandiña chegou directamente de asistir á XIV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moanha…

A Irmandiña voltando de Moanha coas Ons pola popa.

e A Meca aproveitou unha das saídas de iniciación á navegación para ensinar como pasar o Pombeiro!

A Meca esta semana, chegando a Pedras Negras.

Boa proa a tod@s!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*