Próximos eventos. Tripulantes: onde andades?

Este mes de agosto vén carghadinho de eventos, así que pedimos un pouco de organización para facer as tripulacións dos barcos nas diferentes saídas planificadas.

Ademais da XII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moanha, vai haber diferentes actividades en varios puntos das Rías Baixas.

Así que, soci@s e amig@s, necesitamos que nos contedes se queredes vir navegar cos Amigos da Dorna Meca…

…no XIX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado pola Asociación Os Galos, do 14 ao 16 deste mes (mirade aquí o programa).

XIX Encontro de Embarcacións Tradicionais, Bueu.

…na XX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro, organizado polo C.M. A Reiboa, do 21 ao 23:

XX Concentración de Embarcacións Tradicionais, Combarro.

Podedes ver o programa deses días en Combarro aquí!

Cartaz definitivo da XX Concentración.

E coincidindo coa concentración de Combarro (21 a 23 de agosto), varias dornas da asociación participarán na Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época 2015, organizado polo C.N. de San Vicente.

Como noutras ocasións, estanse a planificar varias travesías para levar os barcos a Bueu, a Combarro e a San Vicente, ademais das propias saídas de navegación de cada actividade.

Polo tanto, se queredes vir navegar con nós, ide póndovos en contacto coa asociación, para ir fechando as tripulacións. De novo, pedimos un pouquinho de ORGANIZAÇÃO!