Publicado o Agosto 22, 2016
A Meca ganha a IX Regata das Illas Atlánticas!
Este fin-de-semana celebrouse, organizado polo Club Náutico de San Vicente do Mar a IX edición da Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, aquela que os Amigos da Dorna Meca ganhamos o ano pasado!
E como o ano pasado, ademais da regata, A Meca tamén ganhou o II Campeonato Galego de Clásicos Agabace, fomos encantad@s recolher o premio do 2015.

Aí os tendes, cousa bonita! (foto: Xan Caneda)
A regata deste tivo dúas estapas: unha o sábado, cun percorrido máis longo (dunhas 12 milhas), e outra o domingo, de aproximadamente 8 milhas. Os Amigos da Dorna Meca participamos con dúas embarcacións: A Meca e a Irmandiña, ambas na clase Cíes (aparelhados con vela cangrexa, aínda que A Meca navega coa vela tradicional de relinga).
O sábado saimos cedo pola manhá, aínda con pouco vento, para virar no Faro da Mourisca, cerca de Bueu.

A saída desde A Meca.
A colega Irmandiña foi normalmente diante d’A Meca (aínda que o tempo compensado pudese variar a clasificación).

A Irmandiña ao ladinho d’A Meca
Minutos despois, o café comezou a facer efeito, as tripulacións moveron catro cabinhos e… A Meca comezou a pasar o resto das dornas…

A Lavanqueira.
Non pensedes que é tan fácil, aínda había pouco vento, polo que é necesaria tanto a observación como a análise da regata por parte de grandes especialistas para decidir o que facer en cada momento.

Parte da tripulación observando pola popa, outros analisando a cabeza da regata…
E un pouco máis tarde xa vinhan uns cantos pola popa…

Eses non nos colhen nin fartos de tinto!
Así que, ao acabar a etapa do sábado, A Meca ía en primeiro lugar, seguida da Irmandiña (que en tempo real chegou de primeira) e da Lavanqueira, en terceiro lugar (aquí a clasificación total).
O domingo, a travesía era máis curta, polo que a saída foi sobre as 13h00. O percorrido, xa habitual, foi entre o porto de Pedras Negras e os faros de Picamilho e do Caamouco.

A Irmandiña na saída do domingo.
Con vento suave, a travesía foi agradábel. A Irmandiña chegaba de primeira á meta, poucos minutos antes d’A Meca. En tempos compensados, A Meca volveu ganhar a etapa, seguida da Airexa e da Irmandiña.
Así que, despois de dúas victorias seguidas, A Meca volveu ganhar, en clase Cíes, a Regata das Illas Atlánticas! E en segunda posición, a outra dorna meca da asociación: a recén chegada de augas francesas Irmandiña!
A alegría era tan grande, que as outras tripulacións morrían por conhecer os campeóns!

Xente moi diversa parabenizou ao noso Sr. Presidente! (foto: Miguel Muñiz)
Unha fotinho por aqui, outra por alá…

Que non se note que estades derread@s! (foto: Miguel Muñiz)
E finalmente, con un pouquinho máis de tranquilidade… a tripulación (parte dela) d’A Meca pudo festexar con máis xeito:

Apunta nunha folha de verdura!
Unha regata máis, e despois da enorme fazanha de cruzar o Cantábrico en dorna, os Amigos da Dorna Meca volven demostrar que tanto a dorna, como o aparelho de relinga e a navegación tradicional en xeral son elementos a promover e defender!
Máis información e fotos:
- Fotos no Facebook dos Amigos da Dorna Meca
- desmarque: primeira etapa
- desmarque: final da regata
- Todogrove: “Don Juan Carlos I déixase seducir pola Regata das Illas Atlánticas”
- Todogrove: “O Rei Juan Carlos goza da navegación, a gastronomía e a carpintería de ribeira mecas”