Rabandeira
A Rabandeira é unha dorna xeiteira construída en 2001 polo carpinteiro de ribeira Domingos Ayaso, de Aguiño.
Esta embarcación, que ten unha eslora de 7,97 metros, pertence á asociación do mesmo nome “A Rabandeira”, de Vilanova de Arousa, sendo cedida aos Amigos da Dorna Meca no ano 2014.
Ao finalizar o verán de 2015, a Rabandeira voltou a Vilanova, sendo utilizada novamente pola asociación da que fai parte.
Podes ver a ficha da dorna Rabandeira na páxina do proxecto dorna.