Apadrinhando os barcos

Hai quen morria por trabalhar (e trabalhou!) desde o día de ano novo. Outr@s esperaron a que acabasen as (poucas) choivas, e a que pasase a asemblea para ir apadrinhando os barcos.

As últimas incorporacións (cada día somos máis!) querían saber como é o conto este do alquitrén, do aceite de linhasa, etc. Aínda que xa o contamos aquí outras veces, vámolo resumir brevemente:

1. Seleccionamos unha persoa preparada para a acción:

Non sabemos se está preparado, pero é o que tínhamos á man!

2. Usamos o método tradicional (ou camping gas) para quentar o meghunghe:

Remenxe, remenxe…

3. Dámoslhe unha mansinha xeitosa:

Se sobra boto un pouco polo peito!

4. Analisamos como reve:

Pouca cousa, pouca cousa…

Unha vez seco o alquitrén, vanse facendo outros trabalhos:

      • ensinarlhe ás novas xeracións:

Vai haber novas dorneiras a maso!

      • ir acabando a obra morta:

Obra morta da Rubiasa lista!

  • preparar a cuberta:

A cuberta da Rubiasa. Dá ghusto mirar pa ela!

  • pintar o pinchón de proa e o verdughilho:

A Laxe de Boibas. En verde vailhe ben

  • dar patente:

Este ano a Laxe cambia de imaxe!

  • pintar de novo o pinchón de proa:

Vamos probar con este azul que sobrou…

  • pintar de novo o verdughilho…

Disque é a bandeira da patria… Mirándoo ben…

Aínda ben que a alghún non lhe pasou pola cabeza dar patente de novo!

E mentres uns trabalhan fóra, outros non perden o tempo dentro. Ao rakú facíalle falta algo de choio

Cambiar algunha madeira velha…

E nas mans dun profesional, o trabalho queda sempre melhor!

Con estilo! O rakú tanto pode ir caminho do mar, como caminho do río!

Contodo, outros dorneiros aproveitaron para ir até á ilha de Ons a ver se topaban unha dorninha que apadrinhar:

Primeiro preguntaron no bar…

Falaron con varios armadores, e examinaron as embarcacións:

Cun pouco de ansia, en 15 días temos dorna nova!

Non quedaron moi decididos, vamos ver o que traen de volta!

Estade atent@s que estes días varios barcos ao mar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*