XXVII Ciclo Cultivando o Mar. Lectura colectiva do Patrimonio Marítimo do Salnés. Memoria de Luís Rei

Como sabedes, o pasado fin de semana comezaba unha nova edición da Festa do Marisco, inaugurada coa botadura simbólica da dorna Calloa.

O bautizo da Calloa (cantos leva xa?) inaugurou a Festa do Marisco 2015! (Foto: Mara Mariño)

Dentro do programa da festa (ademais das regatas das que falaremos máis adiante), haberá unha leitura colectiva do patrimonio marítimo do Salnés, en memoria a Luís Rei. Participarán Francisco Fernández Rei, Pablo Carrera, Emilio Ínsua e Antón Mascato, xunto con Jacobo Fernández Casal como moderador.

Cartaz do evento (clica para velo en grande)

Ademais dos relatores, haberá unha actuación musical, con Clara Pino e Abel Afonso. Todo isto será este xoves 8 de outubro ás 20h, na Carpa Institucional da Festa do Marisco.