XIX Regata dos Faros

Dorneiras e dorneiros, lembrade que este próximo Sábado 16 de Xulho (dia do Carme), organizamos máis unha vez a…

Cartaz da XIX Regata dos Faros (2016)

que sairá puntualmente do Porto d’Ogrove ás 16h00. Como sabedes, a Regata dos Faros transcorre entre o porto, a baliza do Arido e os faros do Galinheiro, Umias e Sinás, aínda que o percorrido final variará en función da meteoroloxía.

E dicimos puntualmente porque na propia tarde do día 16 sairá a procesión marítima do Carme, e tampouco queremos levar todo o protagonismo!

Así que, vémonos o sábado!

XXXII Volta á Arousa [ADIADA]

ACTUALIZACIÓN (24/06/2016): A REGATA ADÍASE ATÉ NOVO AVISO!

Despois de levar unha boa representación dos Amigos da Dorna Meca á I Regata do Salnés (galeria de fotos), en Cambados, este fin-de-semana toca aparelhar as dornas para a…

XXXII Volta á Arousa

Xa o di clarinho o cartaz, pero por se non vos dades conta: Sábado 25 de Xunho, saída ás 16h00!

Comezan as regatas!

Este sábado dia 4 de Xunho ás 16h, comezará en Portonovo a VIII Regata do Sepelo, organizada polos Amigos da Dorna de Portonovo.

E a semana que vén, no sábado 11 de Xunho, na praia de Arealonga de Chapela, vaise celebrar a I Regata de Dornas a Vela “Desafio o Berete”, organizada polo Clube Marítimo Rias Baixas e con un interesante programa para o dia todo.

Se estades interesad@s en asistir, póndevos en contacto coa asociación, ou vémonos no mar!

E en Marín… tamén campeóns!

O trofeo ben xeitosinho! (ao fotógrafo tremíalle o pulso…)

Como estamos alegres, comezamos así, co trofeo de campeóns! Ler mais

Xa fun a Marín

xa pasei o mar…

Este fin de semana celébrase entre as rías de Pontevedra e de Arousa a XX Regata Almirante Rodríguez-Toubes, puntuábel para o Campeonato Galego de Clásicos Agabace (do que a A Meca é vixente campeona!).

Desde os Amigos da Dorna Meca temos interese en asistir a este tipo de actos para promover e prestixiar tanto as embarcacións como a navegación tradicional en todo o tipo de ámbitos.

E como a regata comezaba o sábado desde Marín, había que levar A Meca até alí. Máis de catro preparáronse para a travesía e…

Espera aí… non falta nada?

Ler mais