Publicado o Agosto 7, 2018
Arribada na Barrosa de Embarcacións Tradicionais
Este fin de semana, os días 11 e 12 de agosto, colaboramos co Náutico da Barrosa na organización da Arribada de Embarcacións Tradicionais.
Tendo en conta que a praia da Barrosa foi historicamente un lugar onde varaban moitas dornas mecas entre recalada e recalada, este fin de semana poderemos ver as velas de relinga outra vez por alí.
Faremos saídas o sábado pola manhá e pola tarde, e o domingo pola manhá antes de voltar a Peralto.
Vémonos na Barrosa dorneir@s!
Publicado o Xullo 26, 2018
Xarandeira, Fuxe, e Bazarra, podio da XXI Regata dos Faros
Así como quen non quería a cousa, case 30 dornas participaron na XXI Regata dos Faros, que celebramos o sábado pasado no Porto d’Ogrove. E iso tendo en conta que varios patróns estaban ausentes, e outros a festexar o XXV aniversario dos I Encontros de Ribeira!
A regata tivo o recorrido habitual: saída do porto dirección á baliza do Orido; dalí, volta por dentro do Faro das Lobeiras e por fóra do Pragheiro. Para acabar, antes de deixar o Sinás por estribor, houbo que vir por fóra dunha das boias das bateas de Meloxo. Como a distancia non era pouca, cunha volta cheghou ben 🙂
Tivemos vento constante de noroeste, duns 10 nós que nos deron unha moi boa tarde de navegación. Con esta perspectiva, a saída para o Orido foi nun larghinho. Aquí varias dornas xa se foron colocando en cabeza.
Despois da primeira virada, houbo quen preferiu ir para norte, e quen decidiu pór proa a Peralto, para ver o melhor o panorama 😉 De calquer maneira, ao subir para o Pragheiro o vento aumentou un pouco, e xunto co mar que había, deixou varias viradas bonitas…
Nesta altura, o podio xa estaba case feito, a Xarandeira ía en primeiro lugar seguida da Fuxe, e da Bazarra.
Aínda que tampouco faltou tanto!
No resto do ghrupo, a pericia das tripulacións facía variar algún que outro posto.
E no fin, a cousa acabou así:
- Xarandeira
- Fuxe
- Bazarra
- Forza R
- Maristela
- Fungona
- Noelia
- Madorniña
- Marijuana
- Montañesa
- Zenaida
- Mimela
- Lara Doce
- Toxiña
- Bandalla
- Rosalia
- Triñana
- Cormorán de Ons
- Selosa
- Nerea
- Roxiña
- Funqueira
- Maraxe
- Muller de Balboas
- Pedro Madruga
- Laxe de Boibas
- Ortelinda
- Beliña
E que melhor cheghada que unha ghaiteirada! E despois cuchipanda, claro 😉
Mención especial ás dornas de tope (Muller de Balboas e Laxe de Boibas) que tamén andaban no medio! E aos companheiros da Madorniña, que vinheron desde Bouzas para reghatear con nós!
En fin, aínda quedan bastantes reghatas este ano, mais falando de Faros… para o ano máis e melhor!
Podedes ver máis fotos neste álbum do Facebook.
Publicado o Xullo 18, 2018
XXI Regata dos Faros
Atento todo o mundo! Este sábado 21 de xulho, con saída puntual ás 16:00h (non botar as dornas ás catro… 😉 ), celebramos a XXI edición da Regata dos Faros!
Dorneir@s, vémonos por Peralto. Non faltedes!
Publicado o Xuño 4, 2018
As Mecas en Pasaia 2018!
Agora que xa pasaron uns días desde o Festival Marítimo de Pasaia, lembramos o paso dos Amigos da Dorna Meca por alí.
O festival, con Galiza como país convidado, coincidiu co día das letras galegas. Como non tivemos tempo para ir por mar até ao País Basco, decidimos ir só até á Ilha de Arousa…
…e alí carghar a dorna no cameón 😉
Xa en Pasaia, @s galeg@s mostramos a nosa cultura. Música…
E oficios tradicionais marinheiros como as redeiras…
E como non podía ser doutro xeito, os mecos tamén levamos representación musical!
O primeiro día o ceu estaba algo fechado, mais tivemos unhas boas e tranquilas travesías…
A Pasaia non só foron embarcacións bascas e galegas, había barcos de procedencias moi diversas, como os esperados Kaskelot, o Hermione, ou o Saltillo.
Durante os varios días en Pasaia, ademais de desfrutar da cultura, gastronomía e historia basca, continuamos a navegar e a mostrar as nosas embarcacións…
O domingo, último día do Festival, tocou arranchar os barcos, cargalos no camión, e vir de volta para a casa.
Como na ida, a Rubiasa veu por Combarro, e A Meca pola Arousa. E como había ansia de naveghasión, pois houbo que ir á ilha para traela de volta.
E ao chegar… estreamos pantalán! Mais esa xa é outra historia… 😉
Eskerrik asko Pasaia! Vémonos daquí a dous anos!
As fotos roubámolas das páxinas de Facebook de Pasaia Itsas Festibala, de Culturmar, dos amigos da Reiboa, e de WhatsApps varios… 🙂
Publicado o Abril 25, 2018
Asemblea, e a Pasaia!
A semana pasada, os Amigos da Dorna Meca celebramos a nosa asemblea ordinaria, onde entre outras cousas aprobamos o calendario de actividades 2018 (do que daremos noticias máis adiante cando tenhamos as datas definitivas…).
Mais unha das actividades máis importantes nas que participaremos este ano, é sen dúbida o Festival Marítimo Pasaia 2018. Este encontro de embarcacións tradicionais vaise celebrar na vila basca de Pasaia entre o 17 e o 21 de maio.
Debido ao labor dos colectivos de recuperación das embarcacións tradicionais galegas, e tendo en conta o importante impacto da emigración galega na sociedade de Pasaia, o festival decidiu que Galiza fose o convidada de honra desta edición.
Para iso, Culturmar levará a Pasaia un importante número de barcos, nos que se encontrarán (polo menos) as nosas dornas A Meca e a Rubiasa.
Podedes ver aquí os barcos inscritos, e buscar pola páxina do festival as diferentes actividades, concertos, etc., e máis información sobre como ir e que facer en Pasaia.
Este ano vémonos en Pasaia!